Políticas de privacidade

As visitas aos portais da Deputación de Pontevedra realízanse de forma anónima. 

Os usuarios só deberán facilitar os seus datos persoais para poder acceder a servizos nos que sexa necesario un procedemento ou formulario específico para a súa prestación. En ningún caso esta información será tratada ou cedida a terceiros sen o consentimento inequívoco da persoa afectada. 

Estes datos incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos de carácter persoal da Deputación de Pontevedra e xestionaranse para a súa finalidade específica, de acordo coa normativa básica de protección de datos, e serán utilizados, única e exclusivamente, para os fins previstos. pois no procedemento ou actuación de que se trate.

O prazo de conservación dos datos dependerá do que se especifique para cada tratamento e estes cederanse, no seu caso, só co consentimento previo da persoa interesada ou de conformidade co disposto na citada lexislación.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto nas lexislacións vixentes:

  1. Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos)
  2. Corrección de erros do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos)
  3. Real decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da administración electrónica
  4. Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.


Así mesmo, os interesados ​​tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.