Descrición

O meu nome é Rocío, a persoa que está detrás de Parafarmacia Tomiño, e a historia do meu negocio non podería entenderse sen a miña.

Antes de montar o meu propio negocio traballei noutra parafarmacia, pero un día vinme no paro e con un fillo recentemente nado. Co apoio do meu marido e familia, atrevinme a crear a miña propia empresa. Ao principio foi duro, pero ás mulleres loitadoras e valentes poucas cousas nos frean. Embarcarme nun proxecto así nun momento tan difícil axudoume a crecer persoalmente e a gozar verdadeiramente do meu traballo, e iso vexe reflectido no trato e na atención que día a día ofrezo aos meus clientes.

Encántame o mundo da parafarmacia e do natural, desfruto ofrecendo un trato personalizado a cada cliente para que depositen en min a súa confianza, e é precisamente a calidez humana e o trato próximo o que caracteriza a Parafarmacia Tomiño.

Nela poderás atopar un amplo abano de produtos de multitude de seccións tales como herboristería, ortopedia, alimentación, nutrición e dietética, puericultura, calzado de descanso, dermocosmética, hixiene ou servizos como o proporcionado por Escoita (especialistas en audífonos) e Silvia Ferreira Brao (nutricionista titulada).

Traballamos coas mellores marcas, tanto nacionais como internacionais, dispoñemos dun amplo catálogo de produtos e se algo non o temos nese intre, buscámolo. En Parafarmacia Tomiño ofrecemos o coidado e a confianza que un cliente se merece, agora tamén a través da web.

Agardámoste!

PARAFARMACIA TOMIÑO
Coidado persoal
Farmacia e parafarmacia
Rúa Gondomar Nº 34 baixo
36740
Tomiño
Pontevedra
986608070
Recogida en smart-locker