Descrición

Novidades é unha pequena empresa familiar. O proxecto naceu no ano 2001, coa grande ilusión de crear un comercio de proximidade e de calidade. Tras anos de apretar unha amplísima variedade de produtos en escasos cincuenta metros cadrados, alá polo ano 2009, Novidades deu un salto. Trasladándonos a un novo local, bastante máis amplo, seguimos o noso camiño, tentando ofrecer á nosa clientela sempre o que consideramos mellor. Non obstante, démonos conta de que descoidáramos un pouco a parte primordial do negocio. Por iso, no ano 2019, con moitas dúbidas, nervios e medos, tomamos a decisión de ampliar unha vez máis o noso local. Con iso tentamos dar a visibilidade que se merece á parte de librería que nos veu nacer. Hoxe en día somos quiosco, papelería, tenda de agasallos... pero, sobre todo, estamos orgullosas de poder dicir que somos a vosa librería de confianza.

Moitas grazas por apoiarnos en cada paso do camiño desde aquel 10 de agosto de 2001, sen vós non estariamos aquí. En Novidades seguimos traballando coa ilusión e ganas do primeiro día, sempre agradecidas e con ganas de ofrecervos o mellor, xa sexa na nosa tenda física ou adaptándonos aos avances dos últimos tempos, no afán por estar á vangarda e ofertar un catálogo o máis amplo posible a través de internet en atenda.gal.

NOVIDADES
Fogar
Rúa Colón Nº 6
36740
Tomiño
Pontevedra
986622119
Recogida en smart-locker