Descrición

Somos Rebeca e Lorena...dúas mulleres con moita imaxinación, infinidade de ideas...e moitas ganas de traballar.

Coas nosas mans, acompañadas de fíos e agullas, convertemos ideas en traballos e soños en realidades. Todo feito co agarimo e mimo necesario para que os nosos traballos chéguenvos a namorar.

E un día, así como quen non quere a cousa, unímonos e formamos "A Raíña Buguina".

Xurdíronnos dúbidas, medos, inquietudes e todo os "contras"  que che poden pasar cando tomas  decisións importantes, e esta, o era...Pero ao final... as ganas, os ánimos, a confianza da unha á outra e sobre todo, o apoio dos nosos, gañaron a eses "medos",...e aquí estamos!!!

Pero ademais de presentarnos, gustaríanos compartir convosco a historia do noso nome, o porqué somos "A Raíña Buguina”.

Para nós, non é só un nome. É pasado, presente e futuro...es familia...ES  a nosa pequena homenaxe ás mulleres máis importantes das nosas vidas...as nosas avoas...as nosas mamás.

Agora que xa sabedes un pouquiño da nosa vida, gustaríanos formar parte da vosa...Queremos ser parte das vosas ideas, dos vosos proxectos...Deixádesnos entrar na vosa casa?? As portas da nosa están abertas.

Benvidos e gozade!! Rebe e Lore

LA REINA CARACOLA
Moda e complementos
Praza da Mina, 11
36740
Tomiño
Pontevedra
604078407
Recogida en smart-locker