Descrición

Somos unha pequena empresa familiar creada en xaneiro de 2007, que desde o noso inicio de dedico á venda ambulante de froitas e verduras, e que desde Maio de 2016 contamos con posto físico no Mercado de Tomiño. Na actualidade manexamos varias liñas de vendas: Venda ambulante, posto físico, venda por xunto e abastecemento de comedores, tendas e restauración.

Non só somos unha froitería tradicional, tamén dispoñemos dalgúns produtos de alimentación imprescindibles en calquera fogar, personalizamos cestas, bandexas de froitas e creamos sobremesas saudables para calquera comida, cea ou celebración, na que impresionar aos teus comensais.

Á parte das froitas, verduras e legumes de calidade máis habituais tamén poden atopar algunhas máis exóticas. Tamén podes atopar froitas deshidratadas elaboradas por nós, totalmente naturais e sen aditivos.
En definitiva, traballamos por e para os nosos clientes, porque queremos ser a túa froitería de referencia, da cual esteades orgullos@s de falar.

FRUTAS BERBE
Alimentación
Froitería
Praza do Seixo Nº 12, Mercado Municipal
36740
Tomiño
Pontevedra
699277311
Recogida en smart-locker