Descrición

Bouzada naceu como unha humilde tenda familiar hai xa 30 anos, o que nos outorga unha grande experiencia, e terminou por converterse no negocio con máis stock no noso sector pola zona na actualidade.

Xuntos formamos un grande equipo ao que decidimos distribuír en dúas partes para maior comodidade dos nosos clientes.

No espazo que lle dedicamos á ferraxería axudamos a todo o mundo a atopar o que busca en cada momento. Se non sabes, por exemplo, que material pode ser necesario para realizar algún traballo nós recomendámoscho e explicámosche a súa función. Tamén dispoñemos de servizo técnico de calquera máquina.

Na outra parte temos a zona de fogar. Alí distribuímos todo tipo de accesorios para o teu fogar (baño, cociña, decoración, etc...). Neste sector tamén ofrecemos a mellor recomendación, garantindo cada produto. Tamén dispoñemos da sección de regalo, onde axudamos a preparar un detalle único e especial para todo tipo de idades.

Grazas a vós chegamos ata aquí e seguiremos crecendo día a día! Por iso mesmo embarcámonos neste proxecto de tenda online e agardamos facelo o mellor posible sempre con vós!

FERRETERRÍA Y HOGAR BOUZADA
Bricolaxe e ferraxería
Rúa Gondomar 12 baixo e 13 baixo
36740
Tomiño
Pontevedra
986623412
Recogida en smart-locker